CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 231: Sindo quere voar

21/09/2015 22:00 h

Nesta ocasión, Tapeirán anuncia a próxima inauguración dun parque acuático. Santo Antonio de Louredo non pode ser menos que a súa rival, así que hai que pensar en algo aínda mellor e hai que pensalo rápido. O orgullo veciñal, ese orgullo que tantos problemas lles deu, está en xogo.

Mentres, no concello prepáranse dous envíos postais moi importantes: por unha banda, a comunicación aos veciños do novo punto de recollida para reciclaxe, todo un avance para Louredo. Polo outro, a celebración da festa anual para os maiores da vila. O problema é que Fina e Josito, encargados da organización do mailing, non están ao que teñen que estar e así é moi fácil confundirse. 

O erro fará que espíritos tan xuvenís como o de Sindo se sintan moi afectados cando reciban a invitación do baile da terceira idade. O hostaleiro tomará conciencia do paso do tempo e decidirá cumprir un dos seus soños: botar a voar. Literalmente.

Atopar capítulo por: