CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 181: En pé de guerra

02/10/2013 22:30 h

Louredo está dividido: dúas frontes abríronse e os veciños non dan abasto con tanto guerrear. Por onde empezar? Por unha banda está Delmiro, que cos seus misterios e conspiracións parece levar o concello ao bordo do precipicio e, pola outra, está don Crisanto que, sen encomendarse a ninguén, se lanzou á reforma da igrexa parroquial..., sen licenza pero con aleivosía. Como consecuencia, o pobo debátese entre a consternación e un enfado espectacular. Explosiva combinación. 

Pero non é o único problema do vello cura rabudo de Louredo. Sen parroquia, onde celebrar misa? Onde tranquilizar as masas? Cal será o foro ideal para as súas incendiarias homilías? Un espazo eríxese como o máis ideal, tan ideal como polémico: o local social do ateo concello que aínda preside Edelmiro Ferreira. 

Atopar capítulo por: