CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 113: O cofre

04/04/2011 22:32 h

Chegou o gran día para Josito e Delmiro.. e non é que se vaian a casar, é que, contra todo prognóstico, vanse a enfrontar nun debate electoral, o primeiro televisado da historia de Louredo. E é que o eterno candidato a funcionario, agora que se vai a unir en matrimonio con Fina, decidiu aspirar a algo máis: á mesmísima alcaldía. Moncha, pola súa banda, ten o corazón en guerra civil.
E todo isto a unha semana da voda de Fina e Josito... e Puri, atacada. Está empeñada en que a súa filla rescate o seu vestido de noiva, o mesmo que usou a súa nai. Pero Fina non está disposta a casar disfrazada de merengue. Pero non todo van ser abafos antes do gran día... As mulleres do pobo, con Maite á cabeza, planean xa unha gran despedida de solteira. O desenfreo está servido. O prato forte: o lagostino de Tapeirán, o boy de máis éxito de toda a parroquia e arredores, e do que din que está para comelo enteiriño... menos a cabeza, claro. Ademais, Fina recibirá un agasallo das súas veciñas: un cofre vermello cheo de sorpresas.

Atopar capítulo por: