CRTVG

Buscar

Casa Manola

Capítulo 1: O retorno

20/10/2014 22:15 h

Nacho e Vero son un matrimonio que é desafiuzado despois de vivir durante moito tempo por enriba das súas posibilidades. Ela está preocupada pola situación, pero, sobre todo, por gardar as aparencias diante do seu círculo de amizades da Coruña.

El amósase moito máis práctico e propón ir á casa de turismo rural que rexenta a súa nai nunha pequena aldea. Alí poderán agardar ata que o chamen dun novo traballo grazas ao cal recuperarán a súa vida. Vero non atura o campo e moito menos a súa sogra Manola, pero non hai outra opción mellor...

Atopar capítulo por: