CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 24: Polas ánimas do purgatorio

15/09/2008

O día da inauguración do polideportivo de Louredo, don Crisanto cae enriba do peto de ánimas e rómpeo. As eleccións achéganse e a vila está cada vez máis dividida. Lidia anima os veciños a presentarse como oposición a Delmiro. Ante a súa negativa, é ela quen se presenta. Sindo visita a Horacio porque se sente só. Delmiro contraataca a candidatura de Lidia subornando a Santi para que a abandone e entre na súa.

Ante os problemas con Sindo, Lidia abandona a campaña. Todo lle sorrí a Delmiro, mais cando Moncha sabe das súas trapalladas, cóntallo a don Crisanto, que será quen finalmente compita con Delmiro pola alcaldía de Louredo.

Atopar capítulo por: