CRTVG

Buscar

Alalá

Cántigas e Frores

21/04/2008 22:05 h

Cántigas e Frores é un clásico, pero un clásico renovado. Diso encargouse a directiva actual: son novos, pero detrás deles está todo o peso dunha das asociacións de música tradicional máis antigas de Galicia, que leva divulgando este tipo de música en Lugo dende 1948. Organizan festivais, cursos de música tradicional, móvense por España e polo estranxeiro e aínda teñen tempo para de vez en canto montar algunha foliada e paparota coma a que veremos neste Alalá.

Dende que cambiou a directiva en Cántigas e Frores as cousas mudaron na asociación. Agora teñen máis quórum as paparotas e foliadas que as reunións formais da xunta directiva. Agora nas actuacións tocan xuntos gaiteiros de 14 anos e de 80. Mestres con alumnos. 

Atopar capítulo por: