CRTVG

Buscar

Alalá

Cántigas da Terra

12/05/2009 22:05 h

A historia de Cántigas da Terra comeza hai case un século, na cidade da Coruña. Desde aquela leva ensinando e divulgando a música tradicional. Naceu no 1916 e a súa longa e interesante traxectoria fainos revivir non só a música senón tamén a cultura e a lingua galega. A primeira formación de Cántigas da Terra foi un coro, só de homes tal e como se estilaba na época.

A súa fundación partíu dun grupo de persoas comprometidas que pertencían ás Irmandades da Fala. As Irmandades desenvolvían unha actividade política e cultural que reclamaba o uso do galego na administración e no ensino ou a recuperación das manifestacións mais importantes da nosa cultura, entre elas a música. Con este espíritu naceu esta asociación que superou moitas etapas: a da guerra, a da postguerra e que pese ás dificultades segue máis viva ca nunca incorporando novas xeracións de músicos, bailadores e actores.

 

 

 

Atopar capítulo por: