CRTVG

Buscar

Alalá

Cantiga en Cervantes (Ancares II)

03/04/2007 22:05 h

Este segundo programa de Alalá sobre os Ancares e o concello de Cervantes está dedicado á cántiga nesta zona montañosa de Galicia, limítrofe con Asturias e León.

A influencia asturiana no xeito de cantar é notable, así, en lugares como Degrada e outros pobos de Cervantes cultívase a asturianada, xénero que se incorporou o repertorio local a través dos galegos que ían traballar ás minas en Asturias dende hai varias xeneracións e por proximidade xeográfica.

A asturianada non só se manifestou a través de cancións traídas das minas senón que chegou, dalgún xeito, a impregnar o xeito de cantar local das melodías tradicionais. A través de Suso Carrero, de Degrada, ou de Xosé Rodríguez, de Vilar de Donís, escoitaremos cantigas impregnadas dun virtuosismo vocal e dunha potencia propias das asturianadas e moi diferenciadas doutras partes de Galicia. Xunto a asturianada, nos Ancares tamén é posible atopar outros xéneros arcaicos como os romances. De feito, Mercedes Capón, de Os Prados, ofrecerános un exemplo precioso de romance.

Este programa, como os outros gravados nos Ancares, está baseado nas investigacións do folclorista Juanjo Fernández, que divide as cantigas en dous grandes grupos: as narrativas e as bailables. As primeiras teñen por finalidade contar unha historia, as segundas, acompañar o baile.

Atopar capítulo por: