CRTVG

Buscar

Larpeiros

Canelóns recheos de pescada e champiñóns / Pastel de arroz con leite e pexegos

23/04/2015 22:00 h

Os “Larpeiros” da Televisión de Galicia están hoxe decididos a facer un pouco de memoria. Neste caso, lembrarán que o leite é un alimento que nos acompaña toda a vida. Cando somos pequenos porque é o primeiro que comemos, pero logo, cando medramos, o leite vai adaptándose aos nosos gustos, en forma de iogures, queixos, batidos, requeixos, etc. O leite habería que inventalo aínda que só fora para poder facer arroz con leite, flan, xeados e mil lambetadas máis. Ata aos que toman pouco leite lles resulta fundamental na cociña para poder facer cousas tan ricas coma a bechamel. Cando queda cremosa e rica é a clave duns bos canelóns, por exemplo.

Será falar de canelóns e a Benigno Campos ocorreráselle unha orixinal idea para o xantar: uns canelóns un pouco diferentes, recheos de pescada e champiñóns e, naturalmente, cunha bechamel de primeira.

Para isto, Adrián irá voando ata O Páramo, en Lugo, onde coñecerá a Chelo, que lle descubrirá todos os segredos dunhas vacas que dan un dos leites máis saborosos do país. Como non podía ser doutro xeito, o leite tamén será o gran protagonista da sobremesa que prepararán, Merchi e Leni: un pastel de arroz con leite.

Atopar capítulo por: