CRTVG

Buscar

Luar

Campaña 'cierraUNICEF', Al Bano e Lila Downs

24/11/2017 22:00 h

A CRTVG en colaboración con UNICEF está levando a cabo ao longo desta semana unha iniciativa solidaria co lema “cierraUNICEF”, á que se sumou o programa “Luar”. Para esta ocasión, o presentador Xosé Ramón Gayoso conta coa visita de grandes artistas, entre os que destaca o popular cantante Al Bano, que acaba de anunciar a súa retirada dos escenarios o próximo ano. No escenario interpreta clásicos do seu repertorio como “Felicitá” e “Nel sole”, pero tamén sorprende cantando en galego “Negra sombra”. A cantante mexicana Lila Downs, que acaba de recibir un Grammy Latino polo seu álbum “Salón, Lágrimas y Deseo” é outra das convidadas destacadas do programa.

Ademais, os vinte Recanteiros desta edición únense para interpretar o tema “Chiquitita” de ABBA, cuxos dereitos de autor foron cedidos pola banda sueca a UNICEF. Xa dentro do concurso, miden as súas voces, na segunda fase eliminatoria, Selene Casal, procedente de Ourense norte, e José Barrán, representante da comarca de Galicia centro.

Tamén sorprenden o público o centenario Tío Juan Rita xunto a súa  Cuadrilla de Aledo e o cantante Zeus Montiel, fillo da falecida Sara Montiel. Tampouco faltan as actuacións de artistas galegos como Grupo e Gaitas A Boalleira, A. C. Abrente as Nogais, Os Viqueiras, Moncho Borrajo e Coral El Eco.

Atopar capítulo por: