CRTVG

Buscar

Larpeiros

Callos á galega e albóndegas con sorpresa

03/12/2015 22:00 h

Se hai unha tapa clásica e representativa dos bares galegos, esa é a de callos. E é que os callos ben feitos, cos seus garavanzos, o seu toque xusto de picante e a súa salsa, é unha das cousas máis ricas deste mundo.
Pero hai outras moitas tapas igual de clásicas e de ricas. Por exemplo, a tortilla, quentiña e douradiña, e a empanada, outro clásico dos bares galegos, que se pode facer de centos de cousas: de chocos, de xoubas, de zorza, de bonito, de berberechos... E non se poden esquecer as tapas máis modernas. Cada vez son máis os establecementos que se atreven a preparar pinchos novos, diferentes e, sobre todo, moi saborosos. 
Como hai moitas tapas e moi variadas, os “Larpeiros” pensan facer nesta ocasión un sorteo entre as súas preferidas para decidir o xantar. A tapa que sairá gañadora, cun pouco de axuda de Benigno, iso si, será a de callos. Por iso, os cociñeiros proporán facer uns callos á galega que a bo seguro marcarán época na mesa do programa. Pero isto non será todo, xa que Merchi e Leni decidirán preparar pola súa conta unhas albóndegas con sorpresa.

Atopar capítulo por: