CRTVG

Buscar

Larpeiros

Cabrito asado en salsa de cebola

14/05/2015 22:00 h

         A conversa dos “Larpeiros” da TVG xira sobre as cabras e sobre todas as cousas ricas que veñen delas. Unha é o queixo: o máis tenro, o máis curado, esoutro que lle chaman queixo de rulo... Todos están boísimos, e é que o queixo de cabra ten un gusto moi especial e vai moi ben coas verduras, coas ensaladas e tamén coas lambetadas. E non hai que esquecer o cabrito, xa que guisado ou ao forno é un auténtico espectáculo.

         Como na casa dos “Larpeiros” hai tempo que non se cociña un cabrito, Benigno xa ten a escusa perfecta para facerlle unha homenaxe por todo o alto a estes animaliños tan saborosos: un cabrito ao forno en salsa de cebola. A sobremesa corre, coma sempre, a cargo de Merchi e Leni, que preparan uns vasiños de iogur.

         Para isto, Adrián vai voando ata Meira, na provincia de Lugo, onde, coa axuda de Joan, ten que converterse en todo un cabreiro profesional para coñecer os segredos dunhas cabras que viven como raíñas coidando dos seus cabritos e pastando ás súas anchas polos montes de Lugo.

Atopar capítulo por: