Larpeiros
Cabaciñas recheas de presa e solombo de porco con salsa de mazá
28/04/2016 22:00 h
Os “Larpeiros” deixan en mans do azar o acompañamento do xantar de hoxe. O que si que ten claro Benigno Campos é que hai que facelo con carne de porco. A idea que se lle ocorrerá serán uns solombos con salsa de mazá. Pero isto non será todo, xa que o porco será tamén protagonista do primeiro prato: as cabaciñas recheas de presa que van preparar Leni e o cociñeiro convidado Carlos Parra.
A sobremesa será nesta ocasión cousa de Adrián, o “larpeiro investigador” por excelencia, que hoxe irá voando ata Miño. Alí, da man de Estrella, elaborará unha das tortas de mazá con máis sona de Galicia.