Alalá
Brasil III: José María Lagares
José María Lagares naceu en Santaia de Moar, en Frades, pero nos anos 50 tivo que emigrar para Brasil. Chegou a Sao Paulo onde traballou como cobrador do tranvía e camareiro, pero a base de esforzo e axuda da familia, abriu un restaurante que rápido gañaría sona en Sao Paulo, porque Zé Lagares acompañaba os pratos e as comidas con muiñeiras e xotas que aprendeu en Ordes. Así foi gañando a vida e criando aos dous fillos que tivo xunto a unha terceira filla adoptiva de orixe brasileiro.
O irmán de “Zé Lagares” chamábase Ricardo. Se “Zé” era o gaiteiro da familia, Ricardo foi o birindeiro. Nos videos das xuntanzas que facían na casa cando “Zé” ía pasar as vacacións a Galicia, dán gañas de sentarse con eles. Ricardo foi quen compuxo a canción de “Manuel do Campo”, un orgullo para toda a familia Lagares porque dende que a inventou Ricardo, cántase por todo Galicia e ao parecer, tamén por Brasil.