CRTVG

Buscar

Billete de volta

Billete de volta (12): Luís Avilés / Manuel Pérez

31/08/2021 00:05 h

Cultura galega nas veas: "Billete de Volta" presenta nesta edición a Luis Avilés, un director novo de cine. Luis é un dos fillos do finado poeta de Noia Antón Avilés de Tarancos, que estivo emigrado vinte anos en Colombia. Foi nas terras americanas onde o rapaz cultivou o soño de se converter en director de cine. Retornos (2010), a súa opera prima, é unha historia de desapegos e estragos persoais, unha historia sobre as inmigrantes que dan cos seus ósos nos clubs de alterne. Luis medrou escoitando fermosas lendas na sonora Tasca Típica, rodeado do "mellorciño" de Noia e cheirando a "bocata de calamares", dos milleiros que teñen despachado os seus pais na taberna. As lembranzas do neno Luís Avilés (Bogotá, 1969) protoganizan o presente apartado.

Facer realidade o soño do retorno: Tamén coñeceremos a historia de Manuel Pérez, un representante de material fotográfico que viviu durante corenta e tres anos percorrendo as perigosas autopistas de Venezuela, atravesando o país, da Guaira a Canaima: "Os Camiños eran incertos e, cada vez que saía de viaxe, despedíame da miña muller". Medio século despois, Manuel foi quen de reiniciar a súa vida en Galicia. Entre a Celanova natal e o Vigo onde rexenta unha tenda de fotografía, transcorren hoxe os seus días.

Atopar capítulo por: