Billete de volta
Horas de emisión:
Me
- 00:30 / 01:00
Unha produción que mostra o palpitante e conmovedor mundo da emigración, desde a óptica dos emigrantes galegos que puideron retornar á casa despois de toda unha vida fóra. Tamén é o retrato da peripecia vital de todos aqueles que viaxan polo mundo, como triunfadores ou como traballadores anónimos, coa certeza de que Galicia é a meta.
En cada programa ofrécense dous testemuños persoais, o dun famoso e o dun anónimo, que achegarán en primeira persoa a particular e apaixonante historia de cada un deles, como emigrantes.