CRTVG

Buscar

Alalá

Bailaben

28/09/2010 22:05 h

Ata hai uns meses, se querías aprender a bailar batuka ou danzas gregas en Galicia sen moverte do salón da casa non tiñas máis que ir a unha libraría e mercar un método, pero se querías aprender baile tradicional galego non podías facer o mesmo, porque non existían manuais pensados para iso. Para cubrir ese oco naceu o Bailabén, obra de dous experimentados mestres de baile: Edith Cotilla e Gustavo Couto. Un libro e un dvd con fotografías e explicacións suficientes para que calquera que non saiba facer un punto poida rematar de velo e ser capaz de bailar unha muiñeira ou unha xota con máis ou menos soltura.

O Bailabén está dirixido ademáis ós mestres de primaria e secundaria que queiran introducir o baile tradicional nos ámbitos da música e da expresión corporal, porque ese é un dos obxectivos recollidos na lei de educación e ata o de agora non existía a penas material didáctico para axudar ós mestres a cumplilo.

Dous nenos, Iria e Serxio, acompañan a Edith na realización dos diferentes pasos para facer máis doado aínda o seguimento deste método.

Atopar capítulo por: