CRTVG

Buscar

Larpeiros

Bacallau fresco con puré de allos e empanadillas de polbo con verduras asadas

10/03/2016 22:00 h

Os “Larpeiros” chegan á súa cita cos espectadores da TVG cun afán moi creativo e experimental, xa que queren inventar receitas novas, pero para iso precisan ingredientes ou técnicas novas. Desta volta, empregan un produto que levan tempo sen cociñar: o bacallau. É certo que o bacallau seco comérono moitas veces, pero fresco é un peixe ao que aínda non lle prestaron toda a atención que merece. Ademais, é un peixe branco de primeira cun sabor moi suave e agradable e normalmente está moi ben de prezo.

Para acometer este reto, o programa conta este cun convidado moi especial: Silverio Barreiro, que é o encargado de preparar, coa axuda de Benigno Campos, algo novo e diferente que sorprenda os comensais: bacallau fresco con puré de allos. Non será o único prato do menú desta noite, xa que Merchi e Leni preparan unhas empanadillas de polbo con verduras asadas.

Para completar unha proposta culinaria redonda, Adrián marcha nesta ocasión en busca da sobremesa, que o leva a Monforte, onde coa axuda de Luís, elabora unha deliciosa torta larpeira.

 

Atopar capítulo por: