Ata a cociña!
Ameixas recheas de gambas, e cóctel Zigzag
23/11/2022 12:30 h
O protagonista de hoxe, neste novo Ata a cociña!, vai ser un saboroso prato de Ameixas recheas de gambas, con el rendémoslle homenaxe ás numerosas festas gastronómicas que se celebran en Galicia en honor a este delicioso molusco. Dani Guzmán explicaranos o que é un fumet e arranxará un flan de turrón ao que lle quedaron anaquiños polo medio. O cóctel elixido para hoxe é o Zigzag, unha mestura de cítricos e cereixa que está para chuchar o dedo e o vaso.