Ata a cociña!
Os amantes dos fogóns descubrirán o chef Daniel Guzmán, quen cada día presentará receitas orixinais que farán dos pratos auténticos desafíos para os espectadores de ‘Ata a Cociña’. En cada emisión, o espazo visitará a rúa para descubrir ‘Canto sabe de cociña?’, e preparará tamén o seu tradicional cóctel sen alcohol. Na sección ‘Todo ten arranxo’, o cociñeiro buscará unha incrible solución para eses desastres que todos vivimos algunha vez na cociña. Amais, ata a cociña de Daniel Guzmán achegaranse galegos moi populares que lles amosarán á audiencia as súas habilidades culinarias.