Ata a cociña!
Sopa dos Ancares e queixo rebozado do Cebreiro, e cóctel Graceland (Comarca dos Ancares)
11/10/2022 12:30 h
Hoxe en Ata a cociña! visitamos unha fermosísima comarca de interior Os Ancares, preparamos na súa honra un prato de Sopa dos Ancares e Queixo rebozado do Cebreiro. Sabes o que é unha longaínza, de seguro que si, presta atención e verás como estás no certo. Queimáronseche as torradas da sobremesa? Non te preocupes que todo ten arranxo e a túa sobremesa, tamén. O noso cóctel de hoxe chámase, Graceland.