Ata a cociña!
Coello guisado con patacas e chícharos, e cóctel Molokai
11/08/2022 10:00 h
No programa de Ata a cociña de hoxe, Dani Guzmán, elaborará un exquisito Coello guisado con patacas e chícharos. Sabes que significa encorrear? Non é poñerlle a correa ao can, presta atención e xa verás canto aprendes de cociña. Se o teu puré de patacas non vale para facer unhas chulas, descubre con nós en que o podes converter. O cóctel de hoxe non te vai defraudar: Molokai.