Ata a cociña!
Morros de tenreira á galega, e cóctel Yellow daisies
09/08/2022 10:00 h
O prato protagonista do programa de hoxe son: Morros de tenreira á galega, un exquisito manxar que sorprende co seu delicioso sabor. Non perdas detalle á sección da televisión onde máis se aprende de cociña, hoxe a quenda é a do acanalador. Cantas veces fritiches unha morcilla que se che esparexeu pola tixola?, de seguro que máis de dúas e de tres, pois préstalle moita atención ao todo ten arranxo de hoxe. Yellow daisies, un cóctel cun gusto cítrico pero moi doce.