Ata a cociña!
O chef Dani Guzmán, cociñará hoxe un saboroso Follado de tenreira con champiñóns. Ensinaranos cal é o significado de desglasar e daranos unha magnífica idea para aproveitar a carne de cocido que nos sobra, sen recorrer ás socorridas croquetas. O coco e a nata serán os protagonistas do noso cóctel: Cotton club.