Ata a cociña!
Ensalada temperada de bacallau con pataca e cebola vermella, e cóctel feminino "Carmín encarnado"
13/04/2022 11:00 h
Hoxe, en Ata a cociña, Dani Guzmán ensinaranos a facer un prato sinxelo pero moi xeitoso, ensalada temperada de bacallau con pataca e cebola vermella. Ademais saberemos se a cebola axuda a vivir máis. E para rematar, un cóctel do máis feminino "Carmín encarnado", con froitos vermellos, pomelo e laranxa.