Ata a cociña!
Tosta de bocarte mariñado con crema de queixo, mostaza e oliva negra, e o cóctel Flor do Cáucaso
24/03/2022 10:45 h
Hoxe en Ata a cociña, elaboramos unha tosta que nada ten que envexar ás que custan un ollo da cara na vinoteca máis chic da cidade: unha tosta de bocarte mariñado con crema de queixo, mostaza e oliva negra. E para beber, un cóctel co sabor de Armenia: Flor do Cáucaso.