Alalá
As Nogais
Anxo Eiriz é o párroco de As Nogais, en Lugo. Alí leva 30 anos difundindo a música por todas as aldeas do concello, de aí que haxa lugares nos que Anxo lles deu clase ao 100% dos rapaces e, por suposto, sen cobrar un peso.
Anxo toca de todo: clarinete, trompeta, gaita, violín, piano, trombón, frauta traveseira e un longo etc. Cada alumno e cada instrumento é unha ilusión, porque en As Nogais ninguén toca polos cartos, de feito di Anxo que se non fosen amigos non serían banda, por iso entre todos forman a Banda de Música de As Nogais.
Anxo ten dúas fes compartidas: a relixión e a música. Aínda así, por riba delas está a fe que ten nas persoas, por iso a súa casa sempre está aberta para todos aqueles que queiran ir alí e aprender a tocar.
Ao longo destes 30 anos de difusión da música son incontables os alumnos que pasaron por alí.