CRTVG

Buscar

Luar

As festas patronais galegas, con Azúcar Moreno, Los Limones e Susana Seivane

17/06/2016 22:00 h

A edición deste venres de “Luar”, dedicada ás festas patronais galegas, contará coa presenza no escenario das artistas Azúcar Moreno, as irmás Encarna e Toñi Salazar, que chegaron a representar a España no festival de Eurovisión.
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, Rocío Barrio e Matilde Vázquez tamén recibirá a visita do grupo ferrolán Los Limones e de Susana Seivane, herdeira dunha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e dos artesáns da gaita en Galicia.

Atopar capítulo por: