CRTVG

Buscar

Alalá

Arturo de Freás

26/10/2010 22:05 h

Arturo de Freás é un gaiteiro con verdadeira madeira de artista. Pero... Cal é o significado de ter “madeira de artista”? Din que hai 3 requesitos que os artistas acostuman cumprir:

A aptitude. Arturo de Freás ten aptitude de creador, de facer cousas distintas; por exemplo, ten gaitas de ósos de animais, de cerdeira, de hedra, gaitas de cornos de vaca, de tubos da calefacción... A súa creatividade non ten límites e a súa disciplina na elaboración tampouco, aínda que pareza imposible, todas soan incriblemente bem.

Outro requisito do artista: talento. Arturo de Freás inventou a chamada gaita de dobre punteiro. El só é capaz de interpretar nunha soa gaita dúas voces dunha mesma peza, cas dúas mans… Ten repertorio tradicional, popular e ata de hoxe. O seu obxectivo é divertir e divertirse coa música.

Arturo de Freás ten unha opinión formada de todo: Da emigración, do traballo, do matrimonio, da música, en definitiva, da vida… Comezou a traballar moi novo en Galicia, pero pronto emigraría a Suíza ou Alemaña, uns lugares que lle aportaron a Arturo esa visión xeral e particular á vez do mundo que o rodea.

Aptitude incansable, talento artístico e xenio musical configuran probablemente un dos gaiteiros máis curiosos e creativos de Galicia: Arturo de Freás.

 

Atopar capítulo por: