CRTVG

Buscar

Larpeiros

Arroz de mariscos con cocochas. Torta de uvas e chocolate

12/11/2015 22:00 h

A Benigno gústalle moito esta idea de explorar novas posibilidades do marisco e por iso proporá para o xantar un arroz de marisco e vieiras. Como é habitual, a sobremesa será cousa de Merchi e Leni, que prepararán unha torta de chocolate e uvas.
Na busca dos ingredientes deste menú marchará Adrián, o “larpeiro” máis atrevido, que nesta ocasión viaxará a Chapela. Alí, da man de Carlos, converterase en todo un experto na pesca da nécora con nasa. Terá que traballar como un mariñeiro máis se quere levarlles aos seus compañeiros unhas nécoras de primeira para o aperitivo.

Atopar capítulo por: