CRTVG

Buscar

Larpeiros

Arroz con coello cun toque de queixo e pastel de filloas

14/04/2016 22:00 h

Os “Larpeiros” falan dun tema sobre o que xa conversaron extensamente, pero que os segue a emocionar cada vez se toca outra vez: a cantidade de produtos saborosos que dá o leite. Un deles, que tanto gusta picar con pan e cun pouco de viño, é o queixo. Pero tamén ten moitos usos na cociña, así que Benigno Campos propón nesta ocasión preparar un arroz con coello e cun toque de queixo. Ao estilo dos risottos italianos, o prato é moi diferente ao da paella.

Coma sempre, unha vez decidido o menú, ponse en marcha Adrián, que se achega ata Cuntis, onde da man de Iñaki, aprende a elaborar un queixo con moita historia e cun nome ben curioso: o Palo Santo. O “larpeiro” máis viaxeiro tamén pasa polo mercado, onde atopa un estupendo coello.

Mentres, na casa, Merchi e Leni fan algo moi diferente e rechamante: un pastel de filloas. Unha capa de filloa, outra de crema, outra de marmelada e, finalmente, unha cobertura de chocolate.

 

 

 

 

 

 

Atopar capítulo por: