CRTVG

Buscar

Alalá

Ardentía

25/03/2008 22:05 h

Como é un gaiteiro do século XXI? Antigamente, os gaiteiros vivían e movíanse polo rural, pero hoxe? Como vive hoxe un gaiteiro urbano de 28 anos? Onde traballa? Que música fai?

Para atopar as respostas a estas preguntas coñecemos en Vigo ao grupo Ardentía. Músicos evolucionados, pero con espírito tradicional. Cambiaron os sachos polas garabatas ou as feiras polo Carrefour, pero no fondo son o mesmo. Son axentes de seguros ou vendedores de bazar. Coa gaita incorporan “boozoki” e incluso compoñen algún tema, pero a base do seu repertorio é a recolleita e o tradicional.

Os seis compoñentes de Ardentía viven a música nunha cidade coa mesma intensidade coa que se vivía antes no rural, por iso, ao escoitalos, o corpo móvese só. Como non hai airas ou fiadeiros para montar unha festa, van a un bar de tapas da cidade. Como na casa non teñen taller para construír os instrumentos fanos na Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Ardentía son novos, viven na cidade e traballan con garabata, pero para eles a música serve para o que sempre serviu: para a festa.

Atopar capítulo por: