Larpeiros
Año ao forno
Os “Larpeiros” comezan cunha conversa moi animada sobre o importante que é non complicarse a vida. A miúdo o máis sinxelo adoita ser o mellor e isto pasa tanto coas cousas da vida e coma coas cousas de comer. Por isto, don Benigno propón facer un prato de elaboración moi sinxela pero cun resultado espectacular: año ao forno con minestra de champiñóns e coles de Bruxelas.
Para poder elaborar este suculento menú, Adrián vai a Allariz, onde, da man de Carlos, saberá máis sobre a cría e o coidado dunhas ovellas lachas de cabeza negra. Estas ovellas producen un leite moi bo co que se elaboran uns queixos de cinco estrelas. De aquí, Merchi e Leni sacan a idea para a sobremesa coa que sorprenden hoxe os comensais: torta de queixo de ovella e peras.