CRTVG

Buscar

Larpeiros

Albóndegas de chourizo e pisto, e empanada de pescada e grelos

02/06/2016 22:00 h

Os chourizos serán hoxe protagonistas no xantar que proporá Benigno Campos, que os utilizará para darlle un sabor diferente a un prato moi popular: as albóndegas, que irán tamén acompañadas dunha salsa de verduras. Pero isto non será todo, xa que Merchi e Leni serán as encargadas de preparar unha suculenta empanada de pescada e grelos.
Unha vez decidido o menú, Adrián, o “larpeiro” investigador por excelencia, viaxará ata Dumbría para, da man de Jesús, aprender a elaborar uns chourizos de primeira perfectos para cociñar as albóndegas do xantar.

Atopar capítulo por: