CRTVG

Buscar

Alalá

A Regionalista

26/05/2012 22:05 h

Preocuparse pola nosa historia e pola nosa música, iso é o que fai desde hai uns cantos anos a asociación “A Regionalista” de Teo, un grupo de mozos a quen lles interesan tanto as formacións musicais coma os feitos históricos, os rituais festivos, as falas esquecidas, o vestiario ou a forma  de tocar instrumentos, porque a todos os une a necesidade de non perder os nosos valores culturais. O seu procedemento, a través do contacto directo cos maiores, de diversos estudos e publicacións e, por suposto, a través da súa música.
 
“A Regionalista” ten a súa propia páxina web que se nutre do traballo de campo que lle proporcionan os informantes sobre as tradicións, persoeiros da terra, publicacións e as actuacións das dúas formacións musicais que teñen, Alvariza, que recupera os sons das murgas do século pasado, e Fargallos, unha nova aposta polo canto vocal. Pero as súas actividades non quedan aí, porque teñen varios libros publicados e poñen en escena obras de teatro coas que pretenden manter vivo o legado da nosa cultura.

Atopar capítulo por: