CRTVG

Buscar

Luar

Al Bano, Fredi Leis e Rodrigo Cuevas

25/11/2016 22:00 h

Luar conta coa actuación do cantante italiano Al Bano, que 40 anos despois dos seus inicios con Romina Power, continúa nos escenarios coa súa carreira en solitario. Esta noite sométese ao test de galeguidade que Xosé R. Gayoso lle ten preparado. 

Outro artista convidado é Fredi Leis, o cantante compostelán que co seu primeiro traballo discográfico, “Días grandes”, xa acadou o Top 10 de iTunes España. 

Polo escenario de Luar pasa tamén Rodrigo Cuevas, o chamado Freddy Mercury do folclore, que se define como axitador folclórico, tanto pola súa estética coma polo xénero que interpreta, unha mestura de música tradicional e electrónica. 

As agrupacións galegas están representadas nesta ocasión pola Banda de Gaitas Zuncurrundullo e a Asociación Cultural Mar de Arousa. A parte musical do programa complétase coa orquestra La Ola ADN e a Orquestra Europa. O espectáculo segue con Toni García, que fai acrobacias e malabares con pelotas, e Moncho Borrajo, cos seus monólogos.

Na sección “Leña á ferreña”, participan Guadalupe Blanco e Luís Villanueva. Mentres que en “Recantos”, compiten Christian Pensado, represente da Costa da Morte, que canta “O valse das bolboretas”, e a recanteira de Terras de Lugo Verónica Cambón, que interpreta “O meu corazón seguirá”. 

 

Atopar capítulo por: