Alalá
Agrupación Folclórica Ximiela de Louro
25/08/2013 22:05 h
Desta volta estamos coa Agrupación Folclórica Ximiela de Louro, en Muros, que ten xa 25 anos de historia e achega un amplo legado de experiencia para a tradición galega.
Ximiela ten sesenta membros, divididos en tres grupos de baile, un de gaitas e un de pandereteiras. Teñen editado un traballo discográfico desde 2006 co auspicio da Fundación Paideia e baixo a dirección de Pablo Seoane. Tamén editaron o libro “A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros”.