CRTVG

Buscar

Luar

"Agora non podemos parar", con Al Bano, e Kiko e Shara

20/11/2015 22:00 h

O feito de que este sexa un “Luar” eminentemente solidario non implicará que decaian a música e a diversión. Así, o espazo da TVG contará coa actuación destacada do popular cantante italiano Al Bano, que, xunto a temas máis actuais, interpretará algúns dos grandes éxitos que o lanzaron á fama.
O programa tamén recibirá hoxe a visita de Kiko e Shara, dúo musical formado polos irmáns gaditanos Juan Manuel e Sara Gavino, que interpretarán temas do seu novo disco, “Positivo”, o primeiro desde 2009 e tras unha separación artística de varios anos.
Tamén subirán ao escenario de “Luar” a Agrupación Folclórica Rebulir, que ten como obxectivo principal a recuperación e difusión da cultura tradicional galega en todos os seus ámbitos; do coro tradicional Cantares do Brión; e de dous artistas cataláns: o músico Ivo Jordá e o cantante Jota Santana, que destacou nos primeiros 70 pola súa voz poderosa no momento en que os cantantes melódicos triunfaban na música española.

Atopar capítulo por: