CRTVG

Buscar

Luar

Actuacións de Chenoa e Rafael Amargo / Tema: queixos galegos

11/04/2014 22:00 h

 Chenoa presenta en Luar o sétimo disco da súa carreira musical: "Otra dirección", onde a cantante mallorquina se ocupa de todo o proceso creativo. A outra estrela convidada é o bailarín e coreógrafo Rafael Amargo, que comeza en Galicia unha xira mundial. As súas coreografías, ás veces moi próximas ao baile contemporáneo, nunca perden o punto de referencia das esencias do flamenco, dando como resultado unha concepción tradicional e actual á vez.

 Polo escenario de “Luar” tamén pasan a Banda de Música de Foz, a Agrupación Folclórica Os Muíños da Oliveira, Os do Fuelle, as Pandeireteiras de Ultreia, a orquestra Royal, o mago Luís de Matos e o malabarista Dani Blanco.

 No tempo do concurso “Vai de Gaita”, é momento de eliminacións. En “Recantos”, é a quenda de Irixa, procedente de Ourense norte, e de Lorena Ferro, representante da comarca da Arousa.

Atopar capítulo por: