CRTVG

Buscar

Luar

Luar. Abraham Mateo / Francisco

16/01/2015 22:00 h

O cantante alicantino Francisco González Sarria, popularmente coñecido como Francisco, de potente voz e coidada posta en escena, será un dos protagonistas do programa “Luar” deste venres. Francisco tivo varias etapas profesionais sendo representante de España no Festival da OTI en dúas ocasións. Tamén gravou o Himno da Comunidade Valenciana e participou en varios concertos líricos na compaña de Montserrat Caballé, pero a súa popularidade está relacionada coa canción moderna e con traballos como “Bandera blanca” ou temas como “Adónde voy sin tí”. En 1999, con motivo do Xacobeo en Galicia, gravou en galego e castelán a canción “Torres de Compostela”, de Xosé María Purón e  na compaña da Coral Polifónica el Eco.

Por outra parte, Xose Ramón Gayoso e Lucía Regueiro presentarán a un dos ídolos da canción infantil e adolescente do momento: Abraham Mateo. Nado na localidade gaditana de San Fernando hai só 17 anos, a pesar da súa xuventude, Abraham xa percorreu moitos escenarios, participou en numerosos festivais e mesmo editou discos como o álbum que leva o seu nome. Abraham é amais moi coñecido entre o público infantil e xuvenil pola súa participación en populares series de televisión.

Ademais das actuacións da orquestra Gran Parada, o grupo Tras do Eo, a Banda da Escola de Música de Barbadás e as Pandeireteiras Trébede, no “Luar” de hoxe, onde se falará da evolución dos fornos, haberá espazo para os dous concursos máis destacados do programa: “Vai de Gaita” infantil e “Recantos”.

Atopar capítulo por: