Alalá
A Roda
29/06/2011 22:05 h
Entre amigos e arredor dunha mesa redonda, naceu un dos grupos máis importantes da música tradicional galega. Cantaban “O Miudiño” “O Gato” e o “Pousa Pousa”, temas que conseguiron gravar no seu primeiro disco. Corría o ano 1977 e uns rapaces de vinte poucos anos elevaban a canción de taberna á súa máxima expresión.
A medida que aquelas cancións se transformaban en himnos informais, “A Roda” editaba máis dunha ducia de discos, conseguía multitude de premios e abarrotaba prazas e auditorios por todo Galicia e medio mundo.
Ó longo destos 35 anos ininterrumpidos, “A Roda” creou parte da iconografía musical galega a partir dun son que nos achega ás nosas raíces máis profundas, máis populares e máis nosas.