CRTVG

Buscar

Alalá

A Pandeira (Ancares I)

27/02/2007 22:05 h

Co capítulo dedicado á pandeira iniciamos unha serie de programas que terán como protagonistas ás musicas e ás xentes dos Ancares e o concello de Cervantes.

A pandeira é un instrumento da música tradicional galega que chegou a estar a piques de desaparecer. Durante os anos 50 e 60 aínda era o instrumento de percusión fundamental nas vilas.

Mediante a investigación do folclorista Juanjo Fernández e o interese da mocidade de Cervantes estase recuperando tal e como se tocaba e usaba na música tradicional galega dende hai moitos séculos.

A pandeira é un instrumento ancestral, xa empregado polos exipcios e fenicios e representada en baixorrelevos na Grecia e Roma clásicas. Durante a Idade Media tivo unha grande difusión na Península Ibérica pero pouco a pouco foise perdendo. Na actualidade practicamente só sobrevive na zona dos Ancares galegos e leoneses e a parte limítrofe de Asturias. O illamento e a incomunicación desta zona montañosa permitu que moitas das costumes e usos musicais, xa desparecidos no resto de Galicia, se conserven.

Veremos entrevistas con vellas tocadoras de pandeira, como Inés Rodríguez, e unha visión introdutoria tanto deste instrumento como dos propios Ancares e o concello de Cervantes, que se irá desenvolvendo en próximos capítulos.

Atopar capítulo por: