CRTVG

Buscar

Luar

A noite dos abrazos

24/12/2012 23:15 h

Ao longo dos 20 anos de andaina de “Luar” foron moitas as figuras da canción que, na época do Nadal, interpretaron panxoliñas no escenario da “catedral mundial do folclore dos pobos”. Albano, Luis Aguilé, Demis Roussos, Sergio Dalma, Francisco, Peret, Raphael, Helena Bianco, Juan Pardo, Cristina Pato, Lucrecia, Manolo Escobar, Papá Levante... Grandes estrelas nacionais e internacionais fixeron que os espectadores vivisen entrañables momentos que, co gallo do vixésimo aniversario do programa, a Televisión de Galicia quere recuperar esta noite tan especial.

    Pero, ademais, este peculiar agasallo chega á pantalla da Galega envolto nunha mensaxe moi especial: “A noite dos abrazos”, que pretende conxugar o espírito das panxoliñas cunha peculiar proposta: regalar abrazos. Unha proposta gratuíta que reivindica, nestes tempos especialmente complicados, a recuperación do contacto físico como unha fonte de calor, agarimo e humanidade.

Atopar capítulo por: