CRTVG

Buscar

Alalá

A filharmónica no interior de Galicia

02/03/2010 22:05 h

Como se facía un baile nas aldeas da montaña entre Lugo e Asturias cando nevaba durante semanas e non podían chegar os gaiteiros? Pois un dos instrumentos máis empregados para anima­la festa era a filharmónica, como en Galicia se coñece popularmente a harmónica.

Os tocadores que protagonizan este Alalá teñen en común varias cousas: aman a montaña na que viviron sempre, os cumes da Fonsagrada, Navia de Suarna e Taramundi; alí traballaron desde ben pequenos e viron como as aldeas ían quedando sen xente. Cando sacan do peto a filharmónica aínda se lles iluminan os ollos como cando eran nenos e quedaron prendados do brillo deste instrumento que vían nas feiras ou que traían os emigrantes.

A pesar de que tocan moi ben, nin Hilario Lombardía, nin Isidro “o ferreiro” nin Manuel “Savane de Ventosa” consideran que iso sexa nada destacable. Porque a filharmónica sémpre foi un instrumento ó que non se lle deu demasiado valor. E nin sequera estes homes, que chegaron a ter unha boa técnica e un repertorio amplo e variado, pensan que iso teña importancia máis alá do ámbito familiar. Pero xa veredes cánto paga a pena escoitalos.

Atopar capítulo por: