CRTVG

Buscar

Alalá

A Festa do Ramo

10/03/2012 22:05 h

No ambiente das festas populares naceron ou medraron unha parte importante das tradicións. Iso si, dependendo do lugar, do santo á que está adicada, ou do tipo de festa, esas tradicións poden variar. Nalgúns zonas coma a de Ordes, entre Santiago e A Coruña, un dos símbolos das festas patronais era, e segue sendo ramo.

Unha estructura en forma de ramo, adornado con cintas, flores e mesmo larpeiradas, que se porta ata a igrexa desde a casa da familia que teña a función. Unha procesión na que acompañan os veciños e, por suposto, a música de gaiteiros ou dunha banda que teñen xa un repertorio para iso.

Aí entramos os de Alalá, queremos ver como foi, e como é hoxe en día, o papel dos gaiteiros nas festas populares. Para iso seguiremos aos Viqueira, e con eles descubriremos que é iso do Ramo e todo o ritual das funcións, das ofrezas, das festa que o acompaña. Así que poñédevos guapos que imos de festa!

 

Atopar capítulo por: