CRTVG

Buscar

Luar

A construción tradicional, con Pitingo e Coti

22/05/2015 22:00 h

O programa “Luar”, que terá hoxe como temática de fondo a construción tradicional, recibirá a visita do cantante de flamenco e soul latino Pitingo, que lles presentará aos  espectadores o seu novo disco, “Cambio de tercio”, o quinto da súa carreira, en que volve ás súas raíces e interpreta con inequívoca fondura flamenca, pero cun recoñecible selo propio, unha perfecta mostra de cante clásico.

Tamén estará hoxe no escenario de “Luar” o cantante e compositor arxentino Coti, que acaba de publicar “Qué esperas”, o seu primeiro álbum con material inédito desde 2009. Neste traballo amósase máis cru no seu son, pero cunhas letras en que se identifica facilmente o autor de temas como “Antes que ver el sol”.

O espazo da TVG presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro tamén ofrecerá este venres as actuacións do grupo de música e baile tradicional Traspés, das Cantareiras Aires do Barbanza, do grupo de acordeonistas Os Lóstregos e do coro Coda, unha das formacións que participan no programa “Oh Happy Day”.

No “Luar” desta semana non faltarán novas edicións de “Vai de Gaita” e de “Recantos”, este último coa participación de Luci, procedente de Ourense oriental; e de David Veiga, representante de Lugo sur; e do concurso da chamada, que acumula xa un bote de 1.500 euros.

Atopar capítulo por: