CRTVG

Buscar

Luar

A cociña sagrada

05/06/2015 22:00 h

Os espectadores de “Luar” (22.00 horas) serán hoxe testemuñas dun momento crucial en “Recantos”. Despois dunha temporada de dura competición, os oito participantes que sobreviven no concurso (Elena, da Arousa; David Veiga, de Lugo Sur; Pablo Couto, do Miño; Roseta, de Ourense Norte; Luci, de Ourense oriental; Ana Fanego, da Terra Chá; Miriam, de Terras de Compostela, e María Fernández, de Terras de Lugo) enfróntanse á hora da verdade: esta noite só catro deles se clasificarán para as semifinais.

O tema do programa desta semana é a “cociña sagrada”. Tomando como referencia o Islam, o xudaísmo e o hinduísmo, as tres relixións maioritarias no mundo exceptuando o cristianismo, “Luar” analizará a súa relación coa comida, o que non poden comer e en que momento e os alimentos que se consideran sagrados.

Por outro lado, ás portas do verán e coa calor xa pegando forte, o espazo da TVG ofrecerá, da man de Santiago Pemán, unha predición para a estación que está a piques de chegar, utilizando o particular sistema de prognóstico das témporas.

No capítulo musical, esta edición de “Luar” contará coas actuacións de Los chunguitos, Sara Salazar, e Que Trabaje Rita!, un musical que revolucionou a noite madrileña e barcelonesa con intervención de grandes estrelas e as máis fabulosas vedettes; da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro, que ten máis de 25 anos de historia e que achega un amplo legado de experiencia para a tradición galega, e do grupo de cantareiras Pedraquetiña.

Atopar capítulo por: