CRTVG

Buscar

Alalá

Rosa de Moscoso

14/03/2006 22:05 h

Desprazámonos a unha aldea de Pazos de Borbén para dedicarlle un monográfico a Rosa Garrido, mais coñecida por Rosa de Moscoso, lugar onde naceu e onde sempre viviu.

Rosa, ós seus 68 anos, é unha estrela, unha xoia da musica tradicional galega que conserva unha das voces máis poderosas de Galicia. Esta muller de carácter forte e sorriso franco, é tan popular polo seu xeito de cantar que moitos veciños chegan a emocionarse, e mesmo a chorar, cando a oen cantar durante a liturxia de Semana Santa.

Por se isto fose pouco, Rosa na súa incrible memoria conserva con precisión centos de cantares antigos, cancións que foi aprendendo de súa nai e seu pai, un canteiro portugés que lle ensinaba cantos da súa terra e dos vellos da zona, desde que era unha nena.  Rosa é como unha fonoteca vivinte da canción tradicional galega e unha das figuras máis recoñecidas e admiradas polos especialistas e afeccionados deste tipo de música.  

 

Atopar capítulo por: