Cargando resultados...
Zavala: "Vivimos nun mundo rápido, sen tempo para pensar, diso fala o noso disco"
Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica) foi editado por Ferror Records
Zavala fai unha fusión de música acústica e electrónica, textos persoais e unha proposta innovadora
Mestura o máis orgánico e melódico da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos e matices do tradicional
Carla Romalde e Victor Ledo, de Zavala
G24.gal
10/11/2023 14:52
Última actualización 10/11/2023 16:35
Con Un domingo eterno soprendéronnos e despois fóronnos acostumando ao seu son con mundos sobrenaturais, libélulas urbanas, tormentas de pasos errantes.
Carla Romalde, Ana Lage, Carlos Castro e Víctor Ledo son Zavala. Acaban de publicar Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (teoría e práctica) con Ferrror Records. O disco está desde onte en todas as plataformas dixitais e proximamente cremos que será tamén un vinilo.