Sucesos
Detida unha muller por intentar matar cunha arma branca un mozo en Cangas
23/10/2026 16:46
A moza ingresou en prisión acusada de tentativa de homicidio
En liberdade o último dos tres detidos polos disturbios da Coruña
23/10/2026 16:17
Todos, os tres arrestados, quedaron en liberdade con cargos á espera de procedemento xudicial que corresponda segundo confirmaron desde a Delegación do Goberno
Prendéronnos por delitos de desordes públicas, atentado contra axentes da autoridade e danos en bens públicos
Descobren que a condutora dun accidente en Pontevedra nunca sacara o carné
23/10/2026 14:54
A moza avisou un irmán para que el finxise ser o que manexaba o coche
Os axentes percibiron varias pistas que revelaban o engano
A DXT di que é unha práctica frecuente pero non xeneralizada
Rouba unha vez máis nas mesmas máquinas expendedoras de Pontevedra
23/10/2026 14:20
Esta semana levárono detido ao hospital, fuxiu e na persecución un Policía Nacional quedou mancado
Advirten da deriva deste home, afectado por unha enfermidade psiquiátrica
Os veciños de Vite respiran aliviados tras o peche dun narcopiso
23/10/2026 14:06
Un matrimonio con fillos menores instalouse e converteu a vivenda nun punto de venda de droga
Os veciños instalaron cámaras de seguridade e sensores de luz para evitaren sustos
Dous feridos, un deles grave, no accidente dunha avioneta en Caldas de Reis
23/10/2026 14:02
A aeronave tratou de tomar terra, pero na manobra, por causas que aínda se investigan, acabou envorcada sobre a pista de aterraxe
O ferido grave, un home de 75 anos veciño de Pontecesures, foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao hospital Montecelo de Pontevedra
O seu acompañante, outro home de 57 anos e natural de Caldas de Reis, ingresou no Hospital do Salnés, en Vilagarcía, con prognóstico leve.
23/10/2026 13:54
A Fiscalía solicitou nove anos e seis meses de cadea para o acusado de intentar matar a tiros un veciño da capital lucense, de ameazalo a través dun vídeo en TikTok e de usar unha pistola sen licenza de armas
Condenada a pagar 36.480 euros por finxir ser representante do COB e fichar un xogador
23/10/2026 12:36
A muller "impediu" ao prexudicado desenvolver "a súa normal carreira deportiva" ante unha cláusula de exclusividade nos contratos
Detidos dous mozos tras unha liorta en que ambos intentaron agredirse cun coitelo en Lugo
23/10/2026 10:57
Os axentes souberon que un dos mozos foi á casa do outro, que se atopaba coa exparella do primeiro, e ameazouno a través da fiestra
A prisión o propietario da vivenda que ocultaba 74 migrantes en Ceuta
23/10/2026 10:53
O home solicitaba 10 euros diarios a cada migrante para permanecer nunha vivenda situada na barriada do Príncipe, composta de varias plantas e con colchóns no chan para pasar a noite, segundo informaron fontes xudiciais
Os axentes investigan a posible explotación laboral tanto de menores como maiores de idade, que serían utilizados para realizar diferentes tarefas e traballos, aproveitándose da súa situación de necesidade e vulnerabilidade